PROGRAMACIÓN DE ABRIL 2015

OBRADOIRO: Achégate á fotografía

PREVIA INSCRICIÓN* ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Neste obradoiro achegamos dunha forma lúdica ao público infantil aos principios de formación de imaxes nas cámaras de fotografía.
O público asistente construirá a súa propia cámara estenopeica 3D e aprenderá a revelar negativos e o seu paso a positivos.


Martes, 31 de marzo e mércores, 1 de abril Horario: de 10.30 a 13.30 h

Para: Público infantil maiores de 8 anos.

Prazas: 15

Achegando culturas: Secretariado Xitano

 

 

Volver ao inicio Back to top

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

PREVIA INSCRICIÓN* ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Para festexar o Día do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra o 2 de abril, a biblioteca realiza unha proposta familiar ao redor dos contos clásicos. Xogando por parellas (adulto+ menor) terán que ir superando probas para ir avanzando nun taboleiro ata chegar á meta. Haberá probas nas que teñan que empregar a mímica, outras nas que teñan que debuxar e outras nas que terán que responder ás preguntas realizadas.


Mércores, 1 de abril Horario: 18.00 h

Para: Público familiar.

Días do Libro Infantil e Xuvenil

 

 

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Postais de Viaxe

Durante o mes de abril exponse na biblioteca unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo sobre o tratamento de diferentes cidades no cine e na literatura.
Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 02 ao 31 de abril

Horario de apertura da biblioteca

Para: Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Postais de viaxes

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 9 de abril ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

AS TARDES DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN*
PRAZAS CUBERTAS

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Venres, 10 de abril ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

As tardes de Roque Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 16 de abril ás 19.30 h

Para: Participantes do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE ABRIL ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O terceiro venres de cada mes grazas a Bea e a David os bebés compartirán coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Venres, 17 de abril ás 18.00 h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

DÍA DO LIBRO

Co gallo de festexar o Día do Libro propoñemos aos centros de ensino da cidade, ás asociacións e aos usuarios da biblioteca que realicen vídeos cos libros que máis lles gusten. Estes vídeos serán difundidos a través das redes sociais da biblioteca durante o mes de abril..


Xoves, 23 de abril

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral.

Día do LIbro. Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Avelino González

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego para deleitar ao público asistente cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor e narrador Avelino González.


Venres, 24 de abril ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Contos Daki: Avelino González

 

 

Volver ao inicio Back to top

... E TAMÉN Lembrade que o

15 de abril abre o prazo de inscrición para:

AS TARDES DO ROQUE da sesión do 22 de maio

16 de abril abre o prazo de inscrición para:

ACHÉGATE Á INTERNET II

Nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de “Iniciación II”, pensado para aquelas persoas con coñecementos básicos no manexo do ordenador, O curso encádrase dentro das accións de formación, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública. A súa finalidade é formar a persoas autónomas na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación, e lecer.


Do 5 ao 8 de maio
de 10.00 a 12.00 h

Achégate á Internet

 

 

Volver ao inicio Back to top

 

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

Baixa do boletín

 

Séguenos PicassaVimeo

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org