PROGRAMACIÓN DE XUÑO 2014

FEIRA DO LIBRO

A biblioteca únese a este proxecto literario, onde se atopan as diferentes personalidades do sector das letras, as novidades editoriais, actividades, etc. estando presente nunha caseta onde amosará os servizos e as actividades que ofrece ás persoas usuarias.

Do 23 de maio ao 1 de xuño
Horario de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 22.00 h

Para: Público xeral.

Feira do Libro

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: A biblioteca sae do armario

Para festexar o Día do Internacional do Orgullo LGBT que se celebra o día 28 de xuño, a biblioteca realiza unha mostra bibliográfica durante todo o mes para unirse pola tolerancia e a igualdade.

Do 2 ao 30 de xuño

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra Bibliográfica: Día das Letras Galegas

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 5 de xuño ás 19.30 h

Xoves, 19 de xuño ás 19.30 h

Para: Público socio do club.

Club de lectura Vigo. Biblioteca Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

O SABADIÑO DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN*
PRAZO ABERTO

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Sábado, 14 de xuño ás 12.00 h

Para: Público infantil dende 3 ata 10 anos.

Sabadiño do Roque

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE A INTERNET: Inicación I

PREVIA INSCRICIÓN*
3 DE XUÑO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Ante o éxito das pasadas edicións do curso “Achégate á Internet”, preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de “Iniciación I”, pensado para aquelas persoas usuarias sen coñecementos básicos no manexo do ordenador. O curso encádrase dentro das accións de formación de usuarios, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública. A súa finalidade é formar a persoas autónomas na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación, e lecer

Martes 10, mércores 11, xoves 12 e venres 13 de xuño

Horario: de 10.00 a 12.00 h

Para: Público adulto maiores de 16 anos sen coñecementos básicos de informática e Internet.

Achégate a internet

 

 

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

“A hora dos contos” é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 12 de xuño ás 18.00 h

Para: Público infantil dende 3 ata 10 anos.

A hora dos Contos

 

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS: Os contos do chupete

PREVIA INSCRICIÓN*
1 DE XUÑO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O terceiro sábado de cada mes grazas a Bea e a David os bebés compartirán coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Sábado, 21 de xuño ás 12.00 h

Para: Para público infantil dende 12 meses ata 3 anos.

Entre Arrolos e ContiñosLer conta moito

 

Volver ao inicio Back to top

ONCE UPON A TIME: Contacontos en Inglés

AFORO LIMITADO

A biblioteca Neira Vilas en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas organiza estas sesións de contos bilingües (en inglés e galego) para fomentar a aprendizaxe dos idiomas entre o público infantil.
Un venres ao mes acompáñannos as nosas amigas Ana Sánchez e Mª José Estévez para ofrecernos una sesión de contos divertida e dinámica ao tempo que aprendemos novas palabras e novas expresión noutro idioma.

Venres, 27 de xuño ás 19.00 h

Para: Público infantil de 3 ata 10 anos.

Once upon a time: Contacontos en inglés

 

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org

EbookVigo

Que é EbookVigo

> eBookVigo é a plataforma tecnolóxica que o Concello de Vigo pon a disposición das persoas usuarias para facilitar o acceso á lectura en soporte electrónico.

> eBookVigo permite tomar en préstamo as principais novidades editoriais en formato ebook para a súa lectura en diferentes dispositivos, entre eles tablets, smartphones, ordenadores persoais ou eReaders.

> eBookVigo estréase con un fondo inicial de 200 títulos seleccionados entre as principais novidades dispoñibles en formato epub, tanto en castelán coma en galego.
Este fondo irase incrementando, facendo seleccións e procurando atender ás peticións das persoas usuarias.

 

Como inscribirse

Para gozar de eBookVigo é necesario:
> Ser persoa usuaria rexistrada na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.
> Ter polo menos 16 anos de idade.
> Contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.
> Solicitar a inscrición en eBookVigo acudindo á biblioteca municipal coa súa tarxeta.

Unha vez inscrita recibirá unha mensaxe de correo electrónico para establecer o seu contrasinal e, a partir dese instante, poderá gozar da totalidade dos servizos que ofrece eBookVigo.

 

NOVIDADES

LIBRO ADULTO

ler máis +

LIBRO INFANTIL

ler máis +

GUÍAS DE LECTURA

GUÍA AZUL DE 0-5 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERMELLA DE 6-8 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERDE DE 9-11 ANOS

ler máis +

 

GUÍA AMARELA DE 12-14 ANOS

ler máis +

 

GUÍA XUVENIL

ler máis +