TERRAZAS LITERARIAS
Luis Davila e Pedro Feijoo estarán presentes este ano nas nosas Terrazas Literarias. Aproveitando o bo tempo do verán sairemos á rúa para facer un encontro con escritores, unhas reunións informais onde o público participante poderá falar e preguntar aos escritores sobre o que rodea ao mundo literario (creación, edición...) nun ambiente lúdico e amigable ao tempo que se goza do solpor.
Xoves 4 de setembro - Luis Davila
Xoves 18 de setembro - Pedro Feijoo
Horario: 20.00 h
Para: Público xeral, maiores de 16 anos. |
|
|
Volver ao inicio
MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Tendendo bandas
Banda deseñada hispanoamericana
Durante o mes de setembro poderemos ver como os protagonistas da banda deseñada española e hispanoamericana amosan que a Novena Arte é o vehículo idóneo para plasmar relatos magníficos.
Do 1 ao 30 de setembro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca. |
|
|
Volver ao inicio
EXPOSICIÓN: CEIP Porto Cabeiro
No seu afán de converterse nun centro de referencia, formación e información da cidade, a Biblioteca Xosé Neira Vilas exporá nas súas instalacións unha mostra de cadros realizados polo alumnado do CEIP Porto Cabeiro. Trátase dun proxecto proposto dende o Equipo de Dinamización de Lingua Galega (EDLG) en colaboración coa biblioteca escolar.
Do 1 ao 30 de setembro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca. |
|
|
Volver ao inicio
CITA A CEGAS
Durante os meses de xullo, agosto e setembro a Biblioteca Neira Vilas ofrece ao seu público unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser o seu gran amor literario. Nestes meses de verán o público usuario terá á súa disposición unha serie de paquetes pechados que poderá levar a casa emprestados, sen saber o que está levando ata que ao abrir o paquete desvele o seu segredo, atopándose co que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un gran amor.
Meses de xullo, agosto e setembro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público usuario da biblioteca. |
|
|
Volver ao inicio
BIBLIOTROCO
A biblioteca Neira Vilas pon en marcha o proxecto BIBLIOTROCO, unha campaña de doazón de libros que se intercambiarán por material escolar que posteriormente será doado a diferentes centros da área de influencia da biblioteca para que as persoas responsables dos mesmos o poñan a disposición do alumnado que o precise.
Do 1 de xullo ao 30 de outubro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca. |
|
Volver ao inicio
Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.
... E ADEMAIS
Lembrade que o día 15 de setembro abre o prazo para a inscrición do Club de lectura e de As tardes do Roque.
CLUB DE LECTURA De outubro a xuño
PREVIA INSCRICIÓN* 15 DE SETEMBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reunirá dúas veces ao mes (1º e 3º xoves) na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións con outras persoa lectoras.
1º e 3º xoves de mes
Horario: 19.30 h
Para: Público socio do club. |
|
|
Volver ao inicio
AS TARDES DO ROQUE
PREVIA INSCRICIÓN* 15 DE SETEMBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Cada mes, Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario, visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir as súas aventuras, contarnos fantásticas historias, ensinarnos divertidas cancións e propoñernos estupendos xogos.
2º venres de mes
Venres 10 de outubro
Horario: 18.00 h
Para: Público infantil dende 3 ata 10 anos. |
|
|
Volver ao inicio
Inscrición:
*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Volver ao inicio Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí |
Séguenos
Horario:
Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h
Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h
EbookVigo
Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:
www.ebookvigo.org
Que é EbookVigo
> eBookVigo é a plataforma tecnolóxica que o Concello de Vigo pon a disposición das persoas usuarias para facilitar o acceso á lectura en soporte electrónico.
> eBookVigo permite tomar en préstamo as principais novidades editoriais en formato ebook para a súa lectura en diferentes dispositivos, entre eles tablets, smartphones, ordenadores persoais ou eReaders.
> eBookVigo estréase con un fondo inicial de 200 títulos seleccionados entre as principais novidades dispoñibles en formato epub, tanto en castelán coma en galego.
Este fondo irase incrementando, facendo seleccións e procurando atender ás peticións das persoas usuarias.
Como inscribirse
Para gozar de eBookVigo é necesario:
> Ser persoa usuaria rexistrada na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.
> Ter polo menos 16 anos de idade.
> Contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.
> Solicitar a inscrición en eBookVigo acudindo á biblioteca municipal coa súa tarxeta.
Unha vez inscrita recibirá unha mensaxe de correo electrónico para establecer o seu contrasinal e, a partir dese instante, poderá gozar da totalidade dos servizos que ofrece eBookVigo.
NOVIDADES
LIBRO ADULTO
ler máis +
LIBRO INFANTIL
|