PROGRAMACIÓN DE OUTUBRO 2014

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Biblioaventura

Nunha zona destacada da biblioteca, expoñemos unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo que fai referencia ao mundo da aventura, das viaxes, do perigo...
Estas obras estarán a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 31 de outubro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Blioaventura Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

BIBLIOTROCO

A biblioteca Neira Vilas pon en marcha o proxecto BIBLIOTROCO, unha campaña de doazón de libros que se intercambiarán por material escolar que posteriormente será doado a diferentes centros da área de influencia da biblioteca para que as persoas responsables dos mesmos o poñan a disposición do alumnado que o precise.

Do 1 de xullo ao 30 de outubro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Bibliotroco Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 2 e 16 de outubro ás 19.30 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 9 de outubro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

AS TARDES DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN* PRAZAS CUBERTAS

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Venres, 10 de outubro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

As tardes de Roque Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE OUTUBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O terceiro xoves de cada mes grazas a Bea e a David os bebés compartirán coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Xoves, 23 de outubro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Avelino González. Día das bibliotecas

Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego, para deleitar ao público cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferente ao público que teña o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor e narrador Avelino González.

Venres, 24 de outubro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Contos Daki: Avelino González Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Samaín

Mostra de libros e material audiovisual relacionados cos monstros, vampiros, fantasmas e todos os seres fantásticos que dan medo!

Do 27 de outubro ao 3 de novembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Blioaventura Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

... E TAMÉN

Lembrade que o 15 de outubro abre o prazo de inscrición para:

AS TARDES DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN* 15 DE OUTUBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Venres, 7 de novembro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

As tarde do Roque Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE A INTERNET Iniciación I

PREVIA INSCRICIÓN* 15 DE OUTUBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Ante o éxito das pasadas edicións do curso “Achégate á Internet”, preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, pensado para aquelas persoas usuarias sen coñecementos básicos no manexo do ordenador. O curso encádrase dentro das accións de formación de usuarios, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública. A súa finalidade é formar a persoas autónomas na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación, e lecer.

Do martes 4 ao venres 7 de novembro

Horario: de 10.00 a 12.00 h

Para: Público adulto maiores de 16 anos sen coñecementos básicos de informática e Internet.

Achégate a Internet Iniciación I

 

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos Picassa

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org

EbookVigo

Que é EbookVigo

> eBookVigo é a plataforma tecnolóxica que o Concello de Vigo pon a disposición das persoas usuarias para facilitar o acceso á lectura en soporte electrónico.

> eBookVigo permite tomar en préstamo as principais novidades editoriais en formato ebook para a súa lectura en diferentes dispositivos, entre eles tablets, smartphones, ordenadores persoais ou eReaders.

> eBookVigo estréase con un fondo inicial de 200 títulos seleccionados entre as principais novidades dispoñibles en formato epub, tanto en castelán coma en galego.
Este fondo irase incrementando, facendo seleccións e procurando atender ás peticións das persoas usuarias.

 

Como inscribirse

Para gozar de eBookVigo é necesario:
> Ser persoa usuaria rexistrada na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.
> Ter polo menos 16 anos de idade.
> Contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.
> Solicitar a inscrición en eBookVigo acudindo á biblioteca municipal coa súa tarxeta.

Unha vez inscrita recibirá unha mensaxe de correo electrónico para establecer o seu contrasinal e, a partir dese instante, poderá gozar da totalidade dos servizos que ofrece eBookVigo.

 

NOVIDADES

Novedades bibliográficas Biblioteca Xosé Neira Vilas

LIBRO ADULTO

ler máis +

LIBRO INFANTIL