PROGRAMACIÓN DE NOVEMBRO 2014

NOVO SERVIZO DA BIBLIOTECA: Páxina Web

Nesta páxina web a cidadanía pode atopar toda a información dos servizos que ofrece a biblioteca, ademais dunha axenda coas actividades, un catálogo en liña onde facer a busca do fondo da biblioteca Neira Vilas ou doutras bibliotecas e acceder directamente a ebookVigo.

Tamén poden facerse algunhas xestións en liña como o carné de socio/a, darse de alta nos Servizos de Préstamos Especiais ou na subscrición ao Newsletter mensual, co que poden recibir no seu correo electrónico a programación mensual coas actividades da biblioteca.

Outro aspecto relevante desta páxina web é o de "PREGUNTAS FRECUENTES" onde se dá resposta a moitas dúbidas que poden xurdir ás persoas usuarias da biblioteca.

bibliotecaneiravilas.vigo.org

 
Páxina web Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Samaín

Mostra de libros e material audiovisual relacionados cos monstros, vampiros, fantasmas e todos os seres fantásticos que dan medo!

Do 27 de outubro ao 3 de novembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Samaín Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Espazos de Vida

Mostra de libros e material audiovisual que tratan sobre Vigo: a súa vida, os seus oficios, a súa arquitectura, a súa historia...

Esta mostra complétase cunha actividade (28 de novembro ás 18.00h) para dar a coñecer o proxecto dos novos Estoxos Viaxeiros que nesta nova etapa céntranse nos barrios de Vigo, comenzando polo barrio onde nos atopamos, O Calvario.

Do 3 ao 29 de novembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE A INTERNET Iniciación I

PREVIA INSCRICIÓN*
PRAZAS CUBERTAS

Ante o éxito das pasadas edicións do curso “Achégate á Internet”, preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, pensado para aquelas persoas usuarias sen coñecementos básicos no manexo do ordenador. O curso encádrase dentro das accións de formación, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública. A súa finalidade é formar a persoas autónomas na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación, e lecer.

Do martes 4 ao venres 7 de novembro

Horario: de 10.00 a 12.00 h

Para: Público adulto maiores de 16 anos sen coñecementos básicos de informática e Internet.

Achégate a Internet Iniciación I

 

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 6 e 20 de novembro ás 19.30 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

AS TARDES DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN* PRAZAS CUBERTAS

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Venres, 07 de novembro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

As tardes de Roque Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

¡ PASEN I ESCOITEN! ¡ PASEN I LEAN!

Nestas sesións o voluntariado e a xente que así o desexe lerán textos de forma pública para animar á lectura aos asistentes.

Mércores, 12 de novembro ás 19.30 h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

¡Pasen i escoiten! ¡Pasen i lean!

 

 

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 13 de novembro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: César Cambeiro

Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego, para deleitar ao público cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferente ao público que teña o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor e narrador César Cambeiro.

Venres, 21 de novembro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Contos Daki: César Cambeiro Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 3 DE NOVEMBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O terceiro xoves de cada mes grazas a Bea e a David os bebés compartirán coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Xoves, 27 de novembro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

ESTOXOS. BARRIOS, ESPAZOS DE VIDA: O Calvario

Con este novo proxecto amosaremos ás familias os diferentes espazos da cidade. Cada estoxo terá como tema un barrio da cidade no que por medio de diferentes materiais (xogos, libros, músicas, fotografías...) coñeceremos o seu pasado e o seu presente, as súas xentes, os seus espazos, as súas peculiaridades. Comezamos esta andaina dando a coñecer o barrio onde nos atopamos, O Calvario.

Venres, 28 de novembro ás 18.00 h

Para: Público familiar.

 
Estoxos: O Calvario Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

... E TAMÉN

Lembrade que o 15 de novembro abre o prazo de inscrición para:

AS TARDES DO ROQUE: Especial Nadal

PREVIA INSCRICIÓN* 15 DE NOVEMBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Luns, 29 de decembro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

As tarde do Roque Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos Picassa

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org