PROGRAMACIÓN DE MAIO 2014 - MES DAS LETRAS

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Día das Letras Galegas

Celebraranse ao longo do mes de maio unha serie de accións encamiñadas a conmemorar o Día das Letras Galegas e a difundir a vida e a obra do homenaxeado en 2014: Xosé Mª Díaz Castro. Entre elas, unha mostra bibliográfica que nos achegará unha escolma da bibliografía publicada ao redor do autor e doutras figuras homenaxeadas en anos anteriores. A mostra exporase nunha zona destacada da entrada da biblioteca, e as obras estarán a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 2 ao 31 de maio

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Mostra Bibliográfica: Día das Letras Galegas

Volver ao inicio Back to top

EXPOSICIÓN: Día das Letras Galegas

Exposición que nos amosará a figura de Díaz Castro e os homenaxeados en anos anteriores.

Do 2 ao 31 de maio

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Día das Letras Galegas: Xosé Mª Díaz Castro

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

“A hora dos contos” é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 8 de maio ás 18.00 h

Para: Público infantil dende 3 ata 10 anos.

A hora dos Contos

 

Volver ao inicio Back to top

O SABADIÑO DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN*
PRAZO ABERTO

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Sábado, 10 de maio ás 12.00 h

Para: Público infantil dende 3 ata 10 anos.

Sabadiño do Roque

Volver ao inicio Back to top

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

As participantes do Club de Lectura darán a coñecer a figura de Xosé María Díaz Castro a través dos seus textos, facendo lecturas dalgúns deles, teatralizando outros. Así mesmo achegarannos á súa persoa contando detalles da súa vida, do seu traballo e dos seus amigos.
Unha maneira divertida e amena de coñecer ao homenaxeado deste ano do Día das Letras Galegas.

Xoves, 15 de maio ás 19.30 h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Club de lectura Vigo. Biblioteca Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

¡ PASEN I ESCOITEN! !PASEN I LEAN!: Día das Letras Galegas

Nestas sesións as persoas voluntarias e a xente que así o desexe lerán textos de forma pública para animar á lectura ao público asistente. Estas serán lecturas terán relación coa celebración do Día das Letras Galegas que se festexa neste mes.

Venres, 16 de maio ás 19.30 h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Contos Dakí: Avelino González

 

Volver ao inicio Back to top

FEIRA DO LIBRO

A biblioteca únese a este proxecto literario, onde se atopan as diferentes personalidades do sector das letras, as novidades editoriais, actividades, etc. estando presente nunha caseta onde amosará os servizos e as actividades que ofrece.

Do 23 de maio ao 1 de xuño
Horario de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 22.00 h

Para: Público xeral.

Feira do Libro

Volver ao inicio Back to top

ONCE UPON A TIME: Contacontos en Inglés

CAMBIO DE DATA
AFORO LIMITADO

A biblioteca Neira Vilas en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas organiza estas sesións de contos bilingües (en inglés e galego) para fomentar a aprendizaxe dos idiomas entre o público infantil.
Un venres ao mes acompañarannos as nosas amigas Ana Sánchez e Mª José Estévez para ofrecernos unha sesión de contos divertida e dinámica ao tempo que aprendemos novas palabras e novas expresións noutro idioma.

Venres, 23 de maio ás 19.00 h

Para: Público infantil de 3 ata 10 anos.

Once upon a time: Contacontos en inglés

 

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS: Os contos do chupete

PREVIA INSCRICIÓN*
2 DE MAIO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O terceiro sábado de cada mes grazas a Bea e a David os bebés compartirán coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Sábado, 24 de maio ás 12.00 h

Para: Para público infantil dende 12 meses ata 3 anos.

Entre Arrolos e ContiñosLer conta moito

 

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

1º e 3º xoves do mes
Xoves, 29 de maio ás 19.30 h

Para: Público socio do club.

Club de lectura Vigo. Biblioteca Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Soledad Felloza

Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego, para deleitar ás persoas usuarias da biblioteca, cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non deixarán indiferentes a aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos por primeira vez Soledad Felloza.

Venres, 30 de maio ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Contos Dakí: Celso Sanmartín

 

 

Volver ao inicio Back to top

... E TAMÉN:

Lembrade que o prazo de inscrición para o Sabadiño do Roque do mes de xuño abre o día 15 de maio.

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org

EbookVigo

Que é EbookVigo

> eBookVigo é a plataforma tecnolóxica que o Concello de Vigo pon a disposición das persoas usuarias para facilitar o acceso á lectura en soporte electrónico.

> eBookVigo permite tomar en préstamo as principais novidades editoriais en formato ebook para a súa lectura en diferentes dispositivos, entre eles tablets, smartphones, ordenadores persoais ou eReaders.

> eBookVigo estréase con un fondo inicial de 200 títulos seleccionados entre as principais novidades dispoñibles en formato epub, tanto en castelán coma en galego.
Este fondo irase incrementando, facendo seleccións e procurando atender ás peticións das persoas usuarias.

 

Como inscribirse

Para gozar de eBookVigo é necesario:
> Ser persoa usuaria rexistrada na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.
> Ter polo menos 16 anos de idade.
> Contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.
> Solicitar a inscrición en eBookVigo acudindo á biblioteca municipal coa súa tarxeta.

Unha vez inscrita recibirá unha mensaxe de correo electrónico para establecer o seu contrasinal e, a partir dese instante, poderá gozar da totalidade dos servizos que ofrece eBookVigo.

 

NOVIDADES

LIBRO ADULTO

ler máis +

LIBRO INFANTIL

ler máis +

GUÍAS DE LECTURA

GUÍA AZUL DE 0-5 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERMELLA DE 6-8 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERDE DE 9-11 ANOS

ler máis +

 

GUÍA AMARELA DE 12-14 ANOS

ler máis +

 

GUÍA XUVENIL

ler máis +