PROGRAMACIÓN DE DECEMBRO 2014
NADAL NA BIBLIOTECA

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: SVERIGE I BIBLIOTEKET. Suecia na biblioteca

Nunha zona destacada da biblioteca, exporase unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo que fai referencia a Suecia: novelas, guías de viaxe, receitas de cociña...

Do 1 ao 30 de decembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Suecia na bibliotea. Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 4 e 18 de decembro ás 19.30 h

Para: Público socio do club.

 
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS: Especial Nadal

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 11 de decembro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

Aforo limitado

A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS: Especial Nadal

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE DECEMBRO ÁS 17.00 h ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Cada mes grazas a Bea e a David os bebés compartirán coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Mércores, 17 de decembro ás 18.00 h
Cambio de data

Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Paula Carballeira

Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego, para deleitar ao público cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferente ao público que teña o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a actriz e escritora Paula Carballeira.

Venres, 19 de decembro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Contos Daki: Paula Carballeira Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Mostra de Nadal

Durante as festas de Nadal a Biblioteca Neira Vilas ofrece unha mostra na que atopar moitas ideas para decorar a túa casa, facer novas receitas nas celebracións, facer agasallos ou gozar con diferentes historias para celebrar estas datas.

Do 22 de decembro ao 6 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra bibliográfica: Nadal Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

BUZÓN REAL

O Buzón Real estará na biblioteca para que todo o mundo poida deixar as súas peticións aos Reis Magos e contarlles como se portaron durante todo o ano.

Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Buzón Real Biblioteca Neira Vilas

 

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DE NADAL: Faia

Unha sesión de contos realizada por Marcelo Rodríguez de Faia Educación Ambiental sobre o inverno, o Nadal e o Apalpador. En colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Luns, 22 de decembro ás 18.00 h

Para: Público infantil dende 3 anos

 
Contos de Nadal Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE NADAL: Monecos personalizados

PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE DECEMBRO ÁS 10.30H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Neste obradoiro o público participante personalizará os seu propios monecos (artoyz). A partir dun moneco moldeado artesanalmente por Nieves Prado e baleirado por Andrea Jambrica, cada participante personalizará con pintura e diferentes técnicas o personaxe que desexe.

Martes, 23 de decembro ás 10.30 h

Para: Público infantil dende 8 anos.

OBRADOIRO DE NADAL Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DE NADAL: co escritor Xavier Queipo

O escritor Xavier Queipo realiza esta sesión de contos onde o público infantil gozará coas súas historias.

Venres, 26 de decembro ás 12.00 h

Para: Público infantil dende 3 anos.

Aforo limitado

CONTOS DE NADAL: co escritor Xavier Queipo Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

Volver ao inicio Back to top

AS TARDES DO ROQUE: Especial Nadal

PREVIA INSCRICIÓN* PRAZAS CUBERTAS

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Luns, 29 de decembro ás 18.00 h

Para: Público infantil de 3 a 10 anos.

As tardes de Roque Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE NADAL: Fin de ano

PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE DECEMBRO ÁS 10.30H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Con motivo das festas do Nadal a Biblioteca Xosé Neira Vilas organiza un obradoiro que ten como finalidade fomentar a lectura durante as vacacións do público infantil. Así, partindo de historias do Nadal, o público asistente realizará as súas propias creacións para celebrar a chegada dun novo ano.

Martes, 30 de decembro ás 11.00 h

Para: Público infantil dende 5 anos.

¡Pasen i escoiten! ¡Pasen i lean!

 

 

Volver ao inicio Back to top

VISITA DO PAXE REAL

O Carteiro Real visita a biblioteca para recoller todas as cartas e desexos da cidadanía. Regresará o venres 2 de xaneiro ás 19.00 h para o público infantil que aínda non pediu os seus agasallos.

Martes, 30 de decembro ás 13.00 h

Para: Público infantil.

 
Visita do Paxe Real Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

A CESTA DOS LIBROS

Para celebrar que remata o 2014, o cuarto ano de vida da Biblioteca Xosé Neira Vilas, premiamos ao público lector máis activo de cada categoría (adulto e infantil) cun lote de libros para que poidan comezar o 2015 gozando das mellores lecturas.

Martes, 30 de decembro

 

 
Cesta dos libros Biblioteca Xosé Neira Vilas

Volver ao inicio Back to top

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades.

... E TAMÉN

Lembrade que o 15 de decembro abre o prazo de inscrición para: AS TARDES DO ROQUE de xaneiro

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos Picassa

 

Web:bibliotecaneiravilas.vigo.org

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org