PROGRAMACIÓN DE AGOSTO 2014

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Lecturas de verán

Durante os meses de xullo e agosto exporase na biblioteca unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo, cunha temática lixeira que invite a ler nesta época estival.

Do 1 de xullo ao 30 de agosto

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
Mostra Bibliográfica: Lecturas de verán

Volver ao inicio Back to top

CITA A CEGAS

Durante os meses de xullo, agosto e setembro a Biblioteca Neira Vilas ofrece ao seu público unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser o seu gran amor literario. Nestes meses de verán o público usuario terá á súa disposición unha serie de paquetes pechados que poderá levar a casa emprestados, sen saber o que está levando ata que ao abrir o paquete desvele o seu segredo, atopándose co que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un gran amor.

Meses de xullo, agosto e setembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público usuario da biblioteca.

Club de lectura Vigo. Biblioteca Neira Vilas

 

 

Volver ao inicio Back to top

BIBLIOTROCO

A biblioteca Neira Vilas pon en marcha o proxecto BIBLIOTROCO, unha campaña de doazón de libros que se intercambiarán por material escolar que posteriormente será doado a diferentes centros da área de influencia da biblioteca para que as persoas responsables dos mesmos o poñan a disposición do alumnado que o precise.

Do 1 de xullo ao 12 de setembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Bibliotroco

Volver ao inicio Back to top

EXPOSICIÓN: Montenoso

Tras visitar o MARCO coa exposición colectiva “Veraneantes”, a instalación “Xeografías do mancomún” trasládase á biblioteca Neira Vilas para que durante o mes de agosto o público infantil e adulto poida aprender e tomar conciencia do valor da natureza e do bosque galego.
Esta exposición complétase cunha actividade para público infantil o martes 19 de agosto.

Do 1 ao 30 de agosto

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Montenso

 

 

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE PINTURA TÉXTIL

PREVIA INSCRICIÓN*
PRAZAS CUBERTAS

Con este obradoiro de pintura téxtil a biblioteca quere ofrecer ao público infantil unha alternativa de ocio lúdico-formativa nas mañás de verán, ao tempo que achegalo ao mundo das artes e dos traballos manuais. Así, ao longo de dúas sesións de dúas horas, achegarase ao público participante a este mundo, de forma que esperte nel o amor polas artes e o interese polos libros que tratan esta temática e que pode atopar na biblioteca. O público infantil gozará aprendendo unha técnica nova para decorar as súas camisetas, ao tempo que descobre un xeito de facer única a súa roupa.

Martes 5 e mércores 6 de agosto

Horario: de 11.00 a 13.00

Para: Público infantil maiores de 5 anos.

Obradoiro pintura textil

 

Volver ao inicio Back to top

ACTIVIDADE PARA NENOS: Montenoso

A exposición de Montenoso complétase cunha actividade para público infantil. Nela, mediante a lectura de textos e xogos por equipos, o público participante descubrirá a importancia da natureza.

Martes 19 de agosto ás 11.00 h

Para: Público infantil maiores de 5 anos.

Montenoso

 

Volver ao inicio Back to top

... E ADEMAIS

TERRAZAS LITERARIAS

Luis Davila e Pedro Feijoo estarán presentes este ano nas nosas Terrazas Literarias. Aproveitando o bo tempo do verán sairemos á rúa para facer un encontro con escritores, unhas reunións informais onde o público participante poderá falar e preguntar aos escritores sobre o que rodea ao mundo literario (creación, edición...) nun ambiente lúdico amigable ao tempo que se goza do solpor.

Xoves 4 e 18 de setembro

Horario: 20.00 h

Para: Público xeral, maiores de 16 anos.

Terrazas literarias: Luis Davila - Pedro Feijoo

 

Volver ao inicio Back to top

Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog, facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información das actividades de verán.

 

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

EbookVigo

 

Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:

www.ebookvigo.org

EbookVigo

Que é EbookVigo

> eBookVigo é a plataforma tecnolóxica que o Concello de Vigo pon a disposición das persoas usuarias para facilitar o acceso á lectura en soporte electrónico.

> eBookVigo permite tomar en préstamo as principais novidades editoriais en formato ebook para a súa lectura en diferentes dispositivos, entre eles tablets, smartphones, ordenadores persoais ou eReaders.

> eBookVigo estréase con un fondo inicial de 200 títulos seleccionados entre as principais novidades dispoñibles en formato epub, tanto en castelán coma en galego.
Este fondo irase incrementando, facendo seleccións e procurando atender ás peticións das persoas usuarias.

 

Como inscribirse

Para gozar de eBookVigo é necesario:
> Ser persoa usuaria rexistrada na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.
> Ter polo menos 16 anos de idade.
> Contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.
> Solicitar a inscrición en eBookVigo acudindo á biblioteca municipal coa súa tarxeta.

Unha vez inscrita recibirá unha mensaxe de correo electrónico para establecer o seu contrasinal e, a partir dese instante, poderá gozar da totalidade dos servizos que ofrece eBookVigo.

 

NOVIDADES

LIBRO ADULTO

ler máis +

LIBRO INFANTIL