MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Un abril de contos
Para festexar o Día do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra o día 2 de abril a biblioteca realiza unha mostra bibliográfica durante todo o mes relacionada co mundo dos contos.
Do 1 ao 30 de abril
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca. |
|
Volver ao inicio 
DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL: Animalario Fantástico
PREVIA INSCRICIÓN*
25 DE MARZO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Con motivo do Día Internacional o Libro Infantil e Xuvenil, que celebra o nacemento de Hans Christian Andersen, a Biblioteca Xosé Neira Vilas decide sumarse a esta celebración realizando o obradoiro “Animalario Fantástico”, onde xogamos a inventar animais a partir de historias narradas e a inventar historias a partir de imaxes de animais.
Mércores, 2 de abril ás 18.00 h
Para: Público infantil maior de 5 anos. |
|
Volver ao inicio 
CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.
1º e 3º xoves do mes
Xoves, 3 de abril ás 19.30 h
Para: Público socio do club. |
|
|
Volver ao inicio 
CONTOS DAKÍ: Avelino González
CAMBIO DE DATA*
Esta actividade estaba programada para o 28 de marzo
Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego, para deleitar ás persoas usuarias da biblioteca, cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non deixarán indiferentes a aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos Avelino González.
Venres, 4 de abril ás 19.30 h
Para: Público adulto. |
|
|
Volver ao inicio 
A HORA DOS CONTOS
“A hora dos contos” é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.
Xoves, 10 de abril ás 18.00 h
Para: Público infantil dende 3 ata 10 anos. |
|
|
Volver ao inicio 
ONCE UPON A TIME: Contacontos en Inglés
AFORO LIMITADO
A biblioteca Neira Vilas en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas organiza estas sesións de contos bilingües (en inglés e galego) para fomentar a aprendizaxe dos idiomas entre o público infantil.
Un venres ao mes acompañarannos as nosas amigas Ana Sánchez e Mª José Estévez para ofrecernos unha sesión de contos divertida e dinámica ao tempo que aprendemos novas palabras e novas expresións noutro idioma.
Venres, 11 de abril ás 19.00 h
Para: Público infantil de 3 ata 10 anos. |
|
|
Volver ao inicio 
O SABADIÑO DO ROQUE
PREVIA INSCRICIÓN*
PRAZAS CUBERTAS
O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.
Sábado, 12 de abril ás 12.00 h
Para: Público infantil dende 3 ata 10 anos. |
|
Volver ao inicio 
OBRADOIRO: de Cabezudos
PREVIA INSCRICIÓN*
2 DE ABRIL ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Con este obradoiro de cabezudos impartido pola compañía de monicreques Viravolta a biblioteca quere ofrecer o público máis pequeno unha alternativa de ocio lúdico-formativa nas mañás de Semana Santa, ao tempo que achegalos ao mundo das artes e dos traballos manuais. Así, ao longo de dúas sesións de dúas horas, achegarase ás persoas participantes a este mundo, á súa linguaxe, os seus códigos e os seus segredos, de forma que esperte nelas o amor polas artes e a tecnoloxía e o interese polos libros que tratan esta temática e que poden atopar na biblioteca.
Martes 15 e mércores 16 de abril ás 11.00 h
Para: Público infantil maior de 8 anos. |
|
Volver ao inicio 
DÍA DO LIBRO
As participantes do Club de Lectura realizarán unha serie de lecturas públicas de distintos textos de mulleres na historia da literatura. Unha maneira divertida e amena de celebrar o Día do Libro.
Mércores, 23 de abril ás 19.30h
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca. |
|
|
Volver ao inicio 
CONTOS DAKÍ: Celso Sanmartín
Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego, para deleitar ás persoas usuarias da biblioteca, cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non deixarán indiferentes a aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos Celso Sanmartín.
Venres, 25 de abril ás 19.30 h
Para: Público adulto. |
|
|
Volver ao inicio 
ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS
PREVIA INSCRICIÓN*
1 DE ABRIL ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN
O terceiro sábado de cada mes grazas a Bea e a David os bebés compartirán coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.
Sábado, 26 de abril ás 12.00 h
Para: Para público infantil dende 12 meses ata 3 anos.
|
|
|
Volver ao inicio 
... E TAMÉN:
Lembrade que o prazo de inscrición para o Sabadiño do Roque do mes de marzo ábrese o día 15 de abril.
Inscrición:
*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca, lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Volver ao inicio Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí |

Séguenos 
Horario:
Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h
Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h
EbookVigo
Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:
www.ebookvigo.org

Que é EbookVigo
> eBookVigo é a plataforma tecnolóxica que o Concello de Vigo pon a disposición das persoas usuarias para facilitar o acceso á lectura en soporte electrónico.
> eBookVigo permite tomar en préstamo as principais novidades editoriais en formato ebook para a súa lectura en diferentes dispositivos, entre eles tablets, smartphones, ordenadores persoais ou eReaders.
> eBookVigo estréase con un fondo inicial de 200 títulos seleccionados entre as principais novidades dispoñibles en formato epub, tanto en castelán coma en galego.
Este fondo irase incrementando, facendo seleccións e procurando atender ás peticións das persoas usuarias.

Como inscribirse
Para gozar de eBookVigo é necesario:
> Ser persoa usuaria rexistrada na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.
> Ter polo menos 16 anos de idade.
> Contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.
> Solicitar a inscrición en eBookVigo acudindo á biblioteca municipal coa súa tarxeta.
Unha vez inscrita recibirá unha mensaxe de correo electrónico para establecer o seu contrasinal e, a partir dese instante, poderá gozar da totalidade dos servizos que ofrece eBookVigo.
NOVIDADES

LIBRO ADULTO
ler máis +
LIBRO INFANTIL
ler máis +
GUÍAS DE LECTURA
GUÍA AZUL DE 0-5 ANOS

ler máis +
GUÍA VERMELLA DE 6-8 ANOS

ler máis +
GUÍA VERDE DE 9-11 ANOS

ler máis +
GUÍA AMARELA DE 12-14 ANOS

ler máis +
GUÍA XUVENIL

ler máis +
|