PROGRAMACIÓN DE OUTUBRO 2013

O SABADIÑO DO ROQUE

PREVIA INSCRICIÓN*
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Sábado, 5 de outubro ás 12.00 h

Para: Público infantil dende 3 ata 10 anos.

Sabadiño do Roque

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA: Superheroes

Durante o mes de outubro os superheroes máis populares estarán nunha mostra para que o público que así o desexe poda admiralos na propia biblioteca ou levalos a casa en préstamo.
Con esta mostra bibliográfica e audiovisual a biblioteca quere homenaxear os grandes heroes da banda deseñada: a Superman, Linterna Verde, Batman, Hulk Os Catro Fantásticos, X-Men, tamén a outros superheroes con non tan boa prensa coma Hellboy , Wahchmen ou o noso Superlópez.

Do 7 de outubro ao 2 de novembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Mostra Superheroes

 

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

“A hora dos contos” é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 10 de outubro ás 18.00 h

Para: Público infantil dende 3 ata 10 anos.

A hora dos Contos

 

Volver ao inicio Back to top

SUPERHEROES: David Rubín e Fran Bueno

Mesa de escritores

David Rubín e Fran Bueno achegaranse a biblioteca para ter un encontro co público da biblioteca e amosarlles os segredos da creación de superheroes de banda deseñada.

Venres, 11 de outubro ás 19.30 h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Superheroes: David Rubin e Fran Bueno

 

 

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

1º e 3º xoves do mes ás 19.30 h
17 de outubro ás 19.30 h

Para: Público socio do club.

Club de lectura Vigo. Biblioteca Neira Vilas

 

Volver ao inicio Back to top

REGUEIFAS

O Servizo de Normalización Lingüística en colaboración coa Biblioteca Neira Vilas organiza esta sesión de regueifas.

Sesión por conta de Josiño da Teixeira na que se fará unha breve introdución á improvisación oral na tradición galega, no Norte de Portugal e noutros lugares da xeografía mundial; así como á improvisación oral que se está a realizar na actualidade en Galicia. Falarase máis polo miúdo da regueifa e outras expresións.

A seguir se levará a cabo unha demostración á que se invita a todas as persoas asistentes a participar.

Sábado, 19 de outubro ás 12.00 h

Para: Público maior de 14 anos.

Regueifas

 

Volver ao inicio Back to top

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS: Jacobo Fernández

Co gallo da celebración o 24 de outubro do Día Internacional da Biblioteca, na BPM Xosé Neira Vilas unímonos ao festexo convidando a celebralo con nós a Jacobo Fernández, escritor e ilustrador galego para falar da importancia das bibliotecas na nosa sociedade.

Xoves, 24 de outubro ás 12.00h

Para: Actividade para centros de ensino.

Día Internacional das Bibliotecas

 

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Celso Fernández Sanmartín

Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego, para deleitar ás persoas usuarias da biblioteca, cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non deixarán indiferentes a aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos Celso Fernández Sanmartín.

Venres, 25 de outubro ás 19.30 h

Para: Público adulto.

Día Internacional das Bibliotecas

 

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN*
1 DE OUTUBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O terceiro sábado de cada mes grazas a Bea e a David os bebés compartirán coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Sábado, 26 de outubro ás 12.00 h

Para: Para público infantil dende 12 meses ata 3 anos.

Entre Arrolos e Contiños

 

Volver ao inicio Back to top

MOSTRA: Samaín

Co gallo de festexar a celebración do Samaín farase unha mostra de libros e material audiovisual relacionados cos monstros, vampiros, fantasmas e todos os seres que dan medo.

Do 28 de outubro ao 2 de novembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Mostra samaín

 

Volver ao inicio Back to top

... E TAMÉN:

Lembrade que o prazo de inscrición para o Sabadiño do Roque do mes de novembro ábrese o día 15 de outubro.

Inscrición:

*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h

 

NOVIDADES

LIBRO ADULTO

ler máis +

LIBRO INFANTIL

ler máis +