PROGRAMACIÓN DE MAIO 2013 MES DAS LETRAS GALEGAS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Exposición

Celebraranse ao longo do mes de maio unha serie de accións encamiñadas a conmemorar o Día das Letras Galegas e a difundir a vida e a obra do homenaxeado en 2013: Roberto Vidal Bolaño. Entre elas, unha exposición que nos amosará a súa vida e a súa obra. Poderemos atopar tamén referencias aos homenaxeados en anos anteriores, ao cumprirse este ano o 50º aniversario deste festexo da cultura galega.

Do 6 de maio ao 1 de xuño

Horario de apertura da biblioteca

Destinatarios: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Día das Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

Volver ao inicio Back to top

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Mostra bibliográfica

Mostra bibliográfica que nos achegará unha escolma da bibliografía publicada ao redor de Roberto Vidal Bolaño, e que se exporá nunha zona destacada da entrada da biblioteca. Tamén este ano se celebra o 50º aniversario da celebración desta data polo que poderemos atopar bibliografía dos homenaxeados en anos anteriores.

Do 6 de maio ao 1 de xuño

Horario de apertura da biblioteca

Destinatarios: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Mostra Bibliográfica Roberto Vidal Bolaño. Día das Letras Galegas 2013

 

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. Non é preciso ser un experto lector para participar, o club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións con outros lectores.

Mércores 8 e 15 de maio ás 19.30 h

 

Destinatarios: Socios do club.

Club de lectura Vigo. Biblioteca Neira Vilas

 

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

“A hora dos contos” é un proxecto de animación á lectura onde presentaremos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre os máis pequenos o gusto polos libros e a lectura.

Xoves, 9 de maio ás 18.00 h

Destinatarios: Nenos de 3 ata 10 anos.

 

 

Volver ao inicio Back to top

O SABADIÑO DO ROQUE: De viaxe por Galicia

PREVIA INSCRICIÓN*
ÚLTIMAS PRAZAS

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir cos máis pequenos as súas aventuras: cada mes recibe carta do seu avó Agustín, que viaxa por toda Galicia e vainos descubrindo cousas de todos eses marabillosos lugares. Ademais, Roque, Andrea o Óscar compartirán con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Sábado, 11 de maio ás 12.00 h

Destinatarios: Nenos de 3 ata 10 anos.

O sabadiño do Roque

 

 

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA: Francisco Castro

PREVIA INSCRICIÓN*
4 DE MAIO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Obradoiro de escritura creativa dirixido polo escritor e editor Francisco Castro. Os seus participantes achegaranse ao mundo da creación literaria cun curso intensivo de iniciación á escritura centrada no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir.

Luns 13 e martes 14 de maio
de 18.30 a 20.30 h

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo

Destinatarios: Usuarios a partir de 18 anos.

O sabadiño do Roque

 

 

Volver ao inicio Back to top

ACHÉGATE Á INTERNET: Procura de Emprego

PREVIA INSCRICIÓN*
1 DE MAIO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Ante o éxito das pasadas edicións do curso “Achégate á Internet: Procura de emprego”, e a crecente demanda por parte dos usuarios solicitando información sobre a realización de novos cursos básicos de manexo da Internet, preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, encadrado dentro das accións de formación de usuarios.
Nesta ocasión con “Achégate á Internet: Procura de emprego” ofertamos un programa básico, para que os alumnos poidan utilizar as ferramentas de busca de emprego dispoñibles en Internet.

Mércores 15 e xoves 16 de maio
Horario: Grupo A de 9.30 a 11.30 h
Grupo B de 12.00 a 14.00 h

O sabadiño do Roque

 


GRUPO A
Mércores, 15 de maio de 09.30 a 11.30 h:
Busca activa de emprego a través de portais web especializados.

Xoves, 16 de maio de 09.30 a 11.30 h:
Perfís profesionais nas Redes Sociais.

GRUPO B
Mércores, 15 de maio de 12.00 a 14.00 h:
Busca activa de emprego a través de portais web especializados.

Xoves, 16 de maio de 12.00 a 14.00 h:
Perfís profesionais nas Redes Sociais.

Destinatarios: Usuarios da biblioteca maiores de 16 anos con coñecementos de informática e Internet en busca de emprego.

 

Volver ao inicio Back to top

DÍA DAS LETRAS GALEGA

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Fulano Mengano Citano

A compañía teatral Fulano Mengano e Citano dará a coñecer a figura de Roberto Vidal Bolaño a través dos seus textos, facendo lecturas dalgúns deles, teatralizando outros. Así mesmo achegarannos á súa persoa contando detalles da súa vida, do seu traballo e dos seus amigos.

Unha maneira divertida e amena de coñecer ao homenaxeado deste ano do Día das Letras Galegas.

Xoves, 16 de maio ás 19.00 h

Destinatarios: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Fulano Mengano e Citano, Día das Letras Galegas

 

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN*
1 DE MAIO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O terceiro sábado de cada mes grazas a Bea e a David os nenos compartirán con aqueles que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Actividade dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia

Sábado, 18 de maio ás 12.00 h

Destinatarios: Nenos de 12 meses ata 3 anos.

Entre arrolos e contiños
Entre arrolos e contiños

 

 

Volver ao inicio Back to top

OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN ORAL: Uxía Blanco

PREVIA INSCRICIÓN*
4 DE MAIO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Obradoiro de comunicación oral impartido pola actriz e presentadora Uxía Blanco, no que se exporán algunhas das claves para comunicarse en público e facelo con éxito: vencer o medo escénico, saber modular a voz, ordenar as mensaxes... Importante será tamén a forma de utilizar a nosa linguaxe non verbal, o que expresamos co corpo ou tamén cos nosos silencios ou pausas, ás veces tan importantes como as propias palabras.

A través de experiencias, xogos e sinxelos exercicios os asistentes achegaranse a esta interesante temática, que pode resultar ademais de grande utilidade, especialmente na vida profesional.

Luns 20 e mércores 22 de maio de 18.00 a 20.30 h

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo

Destinatarios: Usuarios a partir de 18 anos.


Uxía Blanco Comunicación Oral

 

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Paula Carballeira

Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores de máis renome do panorama galego, para deleitar aos nosos usuarios cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a escritora e actriz Paula Carballeira.

Venres, 24 de maio ás 19.30 h


Destinatarios: Público adulto.

 


Uxía Blanco Comunicación Oral

 

Volver ao inicio Back to top

... E TAMÉN:
Lembrade que o prazo de inscrición para o Sabadiño do Roque do mes de xuño ábrese o día 15 de maio.

Inscrición:

*Os interesados en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 11.00 horas do día que comeza o prazo de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.


Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h

 

NOVIDADES

LIBRO ADULTO

ler máis +

LIBRO INFANTIL

ler máis +

GUÍAS DE LECTURA

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

ler máis +

 

PEGADA SOCIOECONÓMICA

ler máis +

PEGADA CULTURAL

ler máis +

 

PEGADA ECOLÓXICA

ler máis +

 

GUÍA AZUL DE 0-5 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERMELLA DE 6-8 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERDE DE 9-11 ANOS

ler máis +

 

GUÍA AMARELA DE 12-14 ANOS

ler máis +

 

GUÍA XUVENIL

ler máis +