PROGRAMACIÓN DE ABRIL 2013 ROSAL/A V/GO 150 A/OS

A Biblioteca Xosé Neira Vilas únese á celebración do 150º Aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro ofrecendo diferentes actividades durante o mes de abril.

ROSAL/A V/GO 150 A/OS. MOSTRA BIBLIOGRÁFICA

Durante todo o mes de abril a biblioteca ofrece unha mostra bibliográfica e de material audiovisual relacionado con Rosalía de Castro, cunha escenografía atractiva. Estas obras estarán a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 2 de abril ao 4 de maio

Horario de apertura da biblioteca

Destinatarios: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Rosalía 150 anos Cantares Gallegos

Volver ao inicio Back to top

ROSAL/A V/GO 150 A/OS. EXPOSICIÓN

Nesta exposición poderemos ver diferentes portadas de distintas publicacións que neste século e medio se fixeron da obra, así como diferentes obxectos da cultura popular que reflicten a importancia de Rosalía nos nosos días.

Do 2 de abril ao 4 de maio

Horario de apertura da biblioteca

Destinatarios: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Rosalía 150 anos Cantares Gallegos

 

Volver ao inicio Back to top

DÍA DO LIBRO INFANTIL: Rosalía unha meniña

'Rosalía, unha meniña' é un espectáculo de poesía, historia, música e ficción poética, idóneo para conmemorar o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, e o 50º aniversario do Día das Letras Galegas, que se celebrarán durante todo o ano 2013.
“É a historia dunha nena chamada Rosalía, nada no rural galego de comezos do século XIX, que soubo sentir, soubo escoitar e soubo cantar nunha lingua de pobres que daquela non se escribía”.

Martes, 2 de abril ás 18.00 h

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo

Destinatarios: Nenos maiores de 7 anos.

Día do libro Infantil. Rosalía unha meniña

 

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes (1º e 3º mércores) na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. Non é preciso ser un experto lector para participar, o club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións con outros lectores.

Mércores 3 e 10 de abril ás 19.30 h

Destinatarios: Socios do club.

*Pechada a inscrición

Club de lectura Vigo

 

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

CAMBIO DE DATA
PREVIA INSCRICIÓN*
1 DE ABRIL ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Nesta sesión os máis pequenos xunto cos seus acompañantes gozarán dos contos e xogos que nos amosarán a vida e a obra dunha das escritoras máis importantes, Rosalía de Castro.

Sábado, 6 de abril ás 12.00 h

Destinatarios: Nenos de 12 meses ata 3 anos.

Entre arrolos e contiños

 

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

“A hora dos contos” é un proxecto de animación á lectura onde presentaremos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre os máis pequenos o gusto polos libros e a lectura. Esta vez Trini Puentes falará de Rosalía de Castro.

Xoves, 11 de abril ás 18.00 h

Destinatarios: Nenos de 3 ata 10 anos.

 

Volver ao inicio Back to top

O SABADIÑO DO ROQUE: De viaxe por Galicia

CAMBIO DE DATA

PREVIA INSCRICIÓN*
ÚLTIMAS PRAZAS

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir cos máis pequenos as súas aventuras: cada mes recibe carta do seu avó Agustín, que viaxa por toda Galicia e vainos descubrindo cousas de todos eses marabillosos lugares. Como non podía ser doutra forma, nesta ocasión visitará o pobo natal de Rosalía de Castro. Ademais, Roque, Andrea o Óscar compartirán con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

Sábado, 20 de abril ás 12.00 h

Destinatarios: Nenos de 3 ata 10 anos.

O sabadiño do Roque

 

Volver ao inicio Back to top

DÍA DO LIBRO: Obradoiro de HIP-HOP

PREVIA INSCRICIÓN*
1 DE ABRIL ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Para conmemorar neste 2013 o Día do Libro, desenvolveremos un obradoiro de hip hop baseado na vida e a obra de Rosalía de Castro impartido por Serxio Regos “García”, do colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew, O obradoiro está dirixido a todos os usuarios maiores de 12 anos, onde maiores e pequenos poderán gozar facendo rimas e descubrindo e redescubrindo a nosa poetisa máis coñecida.

Martes, 23 de abril ás 18.30 h

Destinatarios: Maiores de 12 anos.

Obradoiro Hip Hop

 

Volver ao inicio Back to top

OLA RÍOS, OLA FONTES

Ola ríos, ola fontes é unha achega a Rosalía de Castro dende a recreación dunha terra, a nosa, chea de poesía e música que pousa no corazón dos nenos imaxes onde a natureza e os animais da nosa terra teñen un lugar importante.

Xoves, 25 de abril ás 18.00 h

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo

Destinatarios: Nenos maiores de 3 anos.

Ola ríos, ola fontes

 

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Celso Fernández Sanmartín

Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores de máis renome do panorama galego, para deleitar aos nosos usuarios cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos Celso Fernández Sanmartín que tomará ao personaxe de Rosalía de Castro como fío conductor das súas historias.

Venres, 26 de abril ás 19.30 h


Destinatarios: Público adulto.

 

Celso Sanmartín

 

Volver ao inicio Back to top

... E TAMÉN:
Lembrade que o prazo de inscrición para o Sabadiño do Roque do mes de maio ábrese o día 15 de abril.

Inscrición:

*Os interesados en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 11.00 horas do día que comeza o prazo de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.


Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h

 

GUÍAS DE LECTURA

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

ler máis +

 

PEGADA SOCIOECONÓMICA

ler máis +

PEGADA CULTURAL

ler máis +

 

PEGADA ECOLÓXICA

ler máis +

 

GUÍA AZUL DE 0-5 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERMELLA DE 6-8 ANOS

ler máis +

 

GUÍA VERDE DE 9-11 ANOS

ler máis +

 

GUÍA AMARELA DE 12-14 ANOS

ler máis +

 

GUÍA XUVENIL

ler máis +