PROGRAMACIÓN OUTUBRO 2012

FOLLAS CAÍDAS: Mostra bibliográfica

Chega o outono, e con el a volta á escola e aos quefaceres cotiáns, e aínda que resulte nun primeiro momento algo monótona, esta estación ofrécenos un mundo novo de experiencias. Así, durante todo o outono a biblioteca exporá unha selección do fondo bibliográfico coa temática desta estación na que atoparemos entre follas caídas un milleiro de razóns para gozar desta época tan fermosa.

Do 1 de outubro ao 31 de decembro

Horario de apertura da biblioteca

Destinatarios: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Volver ao inicio Back to top

O SABADIÑO DO ROQUE: De viaxe por Galicia

PREVIA INSCRICIÓN*
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

O primeiro sábado de cada mes, o Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario e ó que lle encanta viaxar, visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir cos máis pequenos as súas aventuras: cada mes viaxa a unha cidade ou pobo de Galicia e volve para falarnos de todos eses marabillosos lugares, contarnos fantásticas historias, ensinarnos divertidas cancións e propoñernos estupendos xogos.

Sábado, 6 de outubro ás 12.00 h

Destinatarios: Nenos de 3 ata 10 anos.

 

 

Volver ao inicio Back to top

A HORA DOS CONTOS

“A hora dos contos” é un proxecto de animación á lectura onde cada segundo xoves de mes presentaremos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre os máis pequenos o gusto polos libros e a lectura.

 

Xoves, 11 de outubro ás 18.00 h

Destinatarios: Nenos de 3 ata 10 anos.

 

Volver ao inicio Back to top

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

PREVIA INSCRICIÓN*
1 DE OUTUBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reunirá dúas veces ao mes (1º e 3º mércores) na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. Non é preciso ser un experto lector para participar, o club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións con outros lectores.

1º e 3º mércores de mes ás 19.30h
Data de comezo : 17 de outubro

Destinatarios: Usuarios da biblioteca.

 

Volver ao inicio Back to top

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN*
1 DE OUTUBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN

O terceiro sábado de cada mes os nenos compartirán con aqueles que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Sábado, 20 de outubro ás 12.00 h

Destinatarios: Nenos de 12 meses ata 3 anos.

 

Volver ao inicio Back to top

DÍA DAS BIBLIOTECAS: Encontro con escritores... Francisco Castro

Co gallo da celebración o 24 de outubro do Día Internacional da Biblioteca, na BPM Xosé Neira Vilas unímonos ao festexo convidando a celebralo con nós a Francisco Castro, escritor, editor e presidente de GALIX , para falar da importancia das bibliotecas na nosa sociedade.

Mércores, 24 de outubro ás 12.00 h

Destinatarios: Actividade para centros de ensino.

 

Volver ao inicio Back to top

CONTINUAMOS FESTEXANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS...

Contos do medio

Nos Contos do medio os máis pequenos terán a ocasión de gozar de fermosos contos cos que se achegarán ademais ao patrimonio natural galego.

Mércores e xoves, 24 e 25 de outubro ás 18.00 h

Destinatarios:

Mércores 24 de outubro: nenos de 3 a 5 anos
Xoves 25 de outubro: nenos de 6 a 8 anos

 

Volver ao inicio Back to top

CONTOS DAKÍ: Celso Sanmartín

O último venres de cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores de máis renome do panorama galego, para deleitar aos nosos usuarios cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos Celso Sanmartín para rematar unha semana adicada á biblioteca.

Venres, 26 de outubro ás 19.30 h

Destinatarios: Público adulto.

 

Volver ao inicio Back to top

Inscrición:

*Os interesados en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.


E LEMBRÁDEVOS QUE COMEZA O DÍA 15 O PRAZO DE INSCRICIÓN DO SABADIÑO DO ROQUE DO MES DE NOVEMBRO...

 

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos http://bpvigoneiravilas.blogspot.com/

 

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h