GUÍA AZUL DE INVERNO O-5 ANOS

As estacións: MARI, I.

TÍTULO: As estacións
AUTOR: MARI, I.
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-626-6
RÓTULO: 831(az) MAR est Libros para ver


RESUMO:

A data da primeira edición desta obra é 1973. Tres décadas despois, o libro segue conservando toda a súa vixencia; para iso Iela Mari foi unha precursora na súa época. A artista italiana conseguiu crear un concepto de libro diferente, instructivo e á vez ameno sen necesidade de ningún texto explicativo, nin literario nin informativo. A clave de todos os libros desta autora e ilustradora baséase na idea do “círculo sen fin”. Así, este libro comeza en inverno, cando o lirón hiberna na súa madrigueira onda unha árbore. Dende as primeiras páxinas, carentes practicamente de cor, vaise amosando o ciclo da natureza: a primavera co fin do letargo dos animais, o verán coa recollida dos froitos, o outono coa migración das aves a terras máis cálidas, e por fin de novo o inverno... Páxina a páxina, o libro vai gañando en intensidade cromática, ata que se pecha o círculo estacionario. Durante todo o periodo no que transcorre a acción, Iela Mari non varía o escenario, coa árbore como punto de referencia. En todo momento, o que acontece ante o lector céntrase no mesmo espazo, plano e frontal, carente de perspectiva.

Volver ao inicio Back to top

As luces que se acenden e se apagan: TRIGO, R.

TÍTULO: As luces que se acenden e se apagan
AUTOR: TRIGO, R.
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 84-8464-552-5
RÓTULO: 833(az) TRI luc Contos para contar


RESUMO:

As dúbidas e curiosidades dos lectores sobre o proceso creativo dunha obra de arte teñen resposta grazas a este libro, o primeiro que escribe Ramón Trigo.
O autor explica, cunha linguaxe sinxela, que calquera traballo relacionado coa creación é unha sucesión constante de probas e erros ata que se acada o resultado desexado. A pintura é o claro exemplo deste debate dialéctico do artista coa súa propia incertidume.
E cando está seguro o pintor de que a súa obra está rematada? “Nunca”, responde Ramón Trigo coa seguridade que lle dá a experiencia. A súa forma de traballar non é de todo metódica, pero os bosquexos -moitísimos bosquexos”, matiza Trigo- son unha ferramenta clave do proceso creativo. “Porque as ilustracións non xurden por arte de maxia”, explica o artista.

 

Volver ao inicio Back to top

Ramón preocupón: BROWNE, A.

TÍTULO: Ramón preocupón
AUTOR: BROWNE, A.
EDITORIAL: Fondo de Cultura Económica
ISBN: 968-16-8079-0
RÓTULO: O mundo que me rodea


RESUMO:

A avoa ten un remedio para as preocupacións do pequeno Ramón: os “quitapenas”, uns amuletos que se levan as penas dos nenos en Guatemala e outros países de América. Unha solución salvadora para este imaxinativo neno ao que cada noite asaltan inquietantes imaxes, moi ben expresadas polo lapis máxico de Anthony Browne. Pero non todo é tan doado porque, se os seus “quitapenas” se levan os seus medos, quen llelos quitará a eles?

 

 

Volver ao inicio Back to top

Olivia Recibe la Navidad:FALCONER, I.

TÍTULO: Olivia Recibe la Navidad
AUTOR: FALCONER, I.
EDITORIAL: Fondo de Cultura Económica
ISBN: 978-968-16-8564-5
RÓTULO: 834(az) FAL oli Contos para contar

RESUMO:

É Nadal e Olivia está moi emocionada... hai tantas cousas que facer!: poñer a árbore e decoralo, axudar á súa mamá a preparar a cea, envolver os agasalloa, cantar vilancicos... en fin, todo o que se fai no Nadal. Así, por máis esgotada que estea, Olivia non pode descansar pois hai algo que a preocupa e mantena inqueda: a que hora vai chegar Santa?

 

 

Volver ao inicio Back to top

Confundindo Historias: RODARI, G.

TÍTULO: Confundindo Historias
AUTOR: RODARI, G.
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 84-8464-503-7
RÓTULO: 833(az) ROD con

RESUMO:

El avó interrompe a plácida lectura do xornal para contarlle á neta unha historia que, non por máis clásica, lle resulta menos difícil de narrar. ¿Descoñecemento? En absoluto. O ancián consegue que sexa a pequena a que realmente reproduza o conto a base de corrixir os gazapos que deliberadamente comete porque, ‘confundindo historias’ é como o enredo se converte nun proveitoso recurso expresivo. Esta peculiar visión de Carapuchiña, ideal para ser contada, é un xogo de humor para o lector e, para os contadores de contos, toda unha lección -útil e sinxelasobre como sentir a emoción vibrante do público infantil, como lanzarlles un irresistible anzó ante o voraz apetito da súa imaxinación, que os manteña coa atención alerta.

 

Volver ao inicio Back to top

Dientes: YAGYU, G

TÍTULO: Dientes
AUTOR: YAGYU, G
EDITORIAL: Media Vaca
ISBN: 978-84-935982-5-9
RÓTULO: 833(az) YAG die O mundo que me rodea


RESUMO:

Neste libro cóntase a historia dos dentes, e o que temos que facer se queremos conservalos limpos e sans. Dientes forma parte da serie «O mapa do meu corpo», composta por seis títulos. O seu autor Genichiro Yagyu recomenda cepillar os dentes despois de cada comida facendo fris fris fris, en lugar de FROS FROS FROS

 

Volver ao inicio Back to top

Lúa: RUBIO, A. e VILLÁN, O.

TÍTULO: Lúa
AUTOR: RUBIO, A. e VILLÁN, O.
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-541-2
RÓTULO: 81(az) RUB lua Libros con música


RESUMO:

Colección "Do berce a lúa". Poema visual para ser lido e recitado. A lúa e o sol, tan afastados e próximos, tecen versos e retrousos dende o ceo ata estas páxinas de cartón.

 

 

Volver ao inicio Back to top

Martiño: HERAS, C. e DASILVA, K.

TÍTULO: Martiño
AUTOR: HERAS, C. e DASILVA, K.
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-612-9
RÓTULO: 833(az) HER mar Contos para contar


RESUMO:

“Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis” é un atípico conto de Nadal, que nos amosa a particular visión dun neno sobre ese acontecemento tan especial. A narración, chea de enxeño e humor, desvela a inxenuidade e complexidade do maxín infantil. As ilustracións gozan de moita expresividade e fan deste conto un dos preferidos nas bibliotecas dos nenos. “Cando Martiño...” chega aos fogares galegos para facer sorrir a cativos e grandes, para que gocen da ledicia e da ilusión que destila cada páxina.

 

Volver ao inicio Back to top

Ah!: GOFFIN, J.

TÍTULO: Ah!
AUTOR: GOFFIN, J.
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-642-6
RÓTULO: 831(az) GOF ah Libros con sorpresa


RESUMO:

Xogan cos dobres sentidos, as adiviñas visuais e, como Magritte, ensinan que “unha pipa non sempre é unha pipa”. Non contan unha historia con introdución, nó e desenlace, senón que a cada páxina móstranse unha serie de imaxes independentes -aínda que relacionadas entre si- formando unha estrutura encadeada.
Ámbolos títulos teñen a particularidade de que as páxinas son despregables, de xeito que a primeira coa seguinte presenta unha ilustración; pero ao abrir esta última, fórmase unha imaxe distinta. Así establécese un xogo entre o que se ve, e o que se agocha, o que parece algo, pero se transforma noutra cousa...
“Ah!” descúbrenos obras destacadas da Historia da Arte, polo lo que resulta un material educativo de gran valor. A este plantexamento imaxinativo e sorprendente, engádese unha colección de ilustracións que destacan polo seu carácter plano, descritivo e doado de entender para os primeiros lectores.


OBSERVACIÓNS: Malia que se trata de libros para todas as idades, resultan especialmente atractivos para pre-lectores e primeiros lectores, xa que permiten establecer un exercicio libre de narración mentres os máis pequenos xogan a adiviñar que figuras se ocultan

 

 

Volver ao inicio Back to top

Orellas de bolboreta : AGUILAR,L. e NEVES, A.

TÍTULO: Orellas de bolboreta
AUTOR: AGUILAR,L. e NEVES, A.
EDITORIAL: Kalandraka
ISBN: 978-84-8464-662-4
RÓTULO: 833(az) AGU ore Libros con música


RESUMO:

Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou regordecho... Ata a característica máis nimia pode ser motivo de parodia entre uns nenos e outros. Por iso cómpre un libro que lles demostre a todos, tanto aos que dan como aos que reciben algún comentario despectivo, que eses comportamentos son reprobables.
E especialmente aos que son sinalados polos demais, a mensaxe que lles transmite este relato é que convertan en positivo aquilo que para outros sexa motivo de mofa. Porque as características que nos diferencian dos demais hai que poñelas en valor para que nos distingan como seres especiais e únicos. Porque recoñecer e mesmo reivindicar a diferenza fainos fortes, aceptándonos como somos e reforzando a nosa personalidade. É o primeiro paso para aprender a rir dun mesmo...
Luisa Aguilar amosa unha gran sensibilidade neste texto sinxelo e cheo de forza literaria, que transporta o lector a un mundo de formas, cores, emocións e sentimentos. A figura materna destaca como referente vital da protagonista, que contesta a cada comentario dos nenos seguindo as indicacións da súa nai: o que para outros é un defecto, para Mara é unha vantaxe da que os demais carecen.

 

Volver ao inicio Back to top

Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos http://bpvigoneiravilas.blogspot.com/

 

Horario:

Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h