PROGRAMACIÓN AGOSTO 2012 UN VERÁN DE EXPERIENCIAS


O SABADIÑO DO ROQUE: As vacacións!

PREVIA INSCRICIÓN*
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Tamén no verán Roque, a nosa mascota, visitará a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para contarnos fantásticas historias, ensinarnos divertidas cancións e propoñernos estupendos xogos. Da man deste simpático personaxe a biblioteca pretende achegar a lectura aos nenos dunha forma amena e divertida.

Sábado, 11 de agosto ás 12.00 h

Destinatarios: Nenos de 3 ata 10 anos.

 


ACHÉGATE Á ASTRONOMÍA: PRAZAS CUBERTAS

Catro sesións independentes pero complementarias nas que se elaboraran diferentes obradoiros entorno á astronomía.


Dous dos obradoiros falarán da astronáutica onde se explicará de forma amena as dificultades que atopa un astronauta ao viaxar ao espazo e os requisitos que se deben cumprir se queremos ser astronautas.
E nos outros dous entraremos nun espazo máxico que nos traslada a un mundo descoñecido, no que se agochan historias e lendas creadas por todos os pobos.



Martes 7, 14, 24 e 28 de agosto
Horario: de 12.00 a 13.00h

Destinatarios: Nenos de 3 ata 13 anos.

 

 

Volver ao inicio Back to top

...E NO MES DE SETEMBRO

PREVIA INSCRICIÓN*
ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN O 17 DE AGOSTO

ACHÉGATE Á INTERNET: Procura de emprego

Ante o éxito das pasadas edicións do curso “Achégate á Internet”, e a crecente demanda por parte dos usuarios solicitando información sobre a realización de novos cursos básicos de manexo da Internet, preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, encadrado dentro das accións de formación de usuarios.
Nesta ocasión con “Achégate á Internet: Procura de emprego” ofertamos un programa básico, para que os alumnos poidan utilizar as ferramentas de busca de emprego dispoñibles en Internet.

Martes 4 de setembro de 10.00 a 12.00 h :
Busca activa de emprego a través de portais web especializados
Martes 11 de setembro de 10.00 a 12.00 h :
Perfís profesionais nas Redes Sociais
Martes 18 de setembro de 10.00 a 12.00 h :
Busca activa de emprego a través de portais web especializados
Martes 25 de setembro de 10.00 a 12.00 h :
Perfís profesionais nas Redes Sociais

Martes 4, 11, 18 e 25 de setembro

Horario: de 10.00 a 12.00h

 

 

 

 

Volver ao inicio Back to top

*Os interesados en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

 

Volver ao inicio Back to topSi non visualizas ben o boletín fai clic aquí

 

Séguenos http://bpvigoneiravilas.blogspot.com/

 

Horario:

Mañáns: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h

Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18:00h